jueves, 22 de febrero de 2018

Viaxe de prácticas oficiais de campo (Prehistoria+Arqueoloxía) do Grao de Historia da Uvigo

Viaxe de estudios (museos e xacementos arqueolóxicos) á provincia de Zamora e ao NE de Portugal (Tras-os-Montes e Alto Douro)


Coordinación: L. Castro Pérez (Prehistoria), F. Pérez Losada (Arqueoloxía)


Datas: 20-22 de Abril 2018 (venres, sábado e domingo)

Exclusivamente para alumn@ de Historia da Uvigo!!
Prioridade para alumn@s/profesores oficiais en viaxe de prácticas (Prehistoria Xeral de 1º e Arqueoloxía Aplicada de 2º; aprox. 40 persoas). As prazas que fiquen libres (aprox. 8) poderán ser ocupadas por calquera outro alumno (grao, máster, doutoramento) ou egresado recente de Historia interesado.

Prazo de inscrición/pagamentoata o mércores 28 de febreiro de 2018.

Programa da viaxe:

Ficha de inscrición:

lunes, 5 de febrero de 2018

PROGRAMA DEFINITIVO "SUR DE ITALIA 2018"


A tres días de sairmos para Lamezia Terme, aquí tedes o PROGRAMA DEFINITIVO da viaxe de estudos arqueolóxicos "Sur de Italia 2018":


Tamén podedes consultar o mapa interactivo da viaxe que está en:


Boa sorte e boa viaxe!!!

jueves, 14 de diciembre de 2017

ITALIA 2018: Listaxe provisoria de admisión

Dada a grande demanda de participación (44 solicitudes), a organización decidiu ampliar de 25 a 30 o número de prazas dispoñibles na viaxe.

Podedes consultar a listaxe provisoria de admitidos e reservas premendo no seguinte enlace:


Para os admitid@s, lembrade que tedes que facer o 1º pagamento (300 €) ata o mércores 20 de decembro, a xeito de confirmación de reserva de praza.

Tamén podedes descargar a última versión do Programa Provisorio da viaxe, que incorpora algúns pequenos cambios respecto do programa inicial.


lunes, 4 de diciembre de 2017

Viaxe ITALIA 2018: Formulario de Inscrición

Italia 2018: FORMULARIO DE (PRE)INSCRICIÓN


Se estás interesado en participar, apúntate canto antes enchendo e enviando o seguinte formulario de pre-inscrición.

Inscríbete rápido, porque o prazo remata o xoves 14 de decembro de 2017, e soamente hai 25 prazas dispoñibles.

Terán prioridade os alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento) e mais todos aqueles que acheguen infraestructuras necesarias para a viaxe (conductores en Italia, coches ao aeroporto de Madrid, GPS). Se houbese prazas libres, tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras licenciaturas afines da Uvigo, doutras universidades e incluso acompañantes externos.


Viaxe ITALIA 2018: Programa provisional

O 9º Viaggio di Studi Archeologici ITALIA 2018 terá lugar do 9 ao 19 de febreiro de 2018 (¡nada menos que 11 días durante a semana do Entroido!).


O prezo aproximado será de ao redor de
400 euros por persoa.


Podes descargar o
Programa Provisorio da viaxe premendo no seguinte enlace:





sábado, 2 de diciembre de 2017

9ª viaxe de estudos arqueolóxicos: Sur de ITALIA 2018

Olá a tod@s!!!

Por fin xa está aquí a 9ª Viaxe de Estudos Arqueolóxicos que facemos tódolos anos desde Ourense, organizada pola área de Arqueoloxía e mais a Delegación de Alumnos da facultade de Historia.

Nesta ocasión voltaremos a Italia, como en 2014, pero agora ao 'profundo' sur (Campania, Puglia, Basilicata, Calabria), visitando sitios tan senlleiros como Pompeia ou Ercolano.

A viaxe será, como sempre, durante a semana do Entroido de 2018.

Estade atentos, porque nuns días aparecerán no blogue tanto o programa provisional como o formulario de inscrición.





miércoles, 22 de febrero de 2017

MARROCOS 2017: saída inminente

Mañá xoves 23 pola noite iniciaremos a nova "expedición" arqueolóxica deste ano, a primeira que será no continente africano.
Serán 10 días intensos, pasando por Tánger, Larache, Rabat, Meknés, Fez e Tetuán.
Aquí tedes o enlace para descargarvos o programa definitivo da viaxe:

Boa viaxe!! Saúde e sorte!!